Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
TRANSPORTE LIMPO

A USC aforrou a emisión de 27 toneladas de CO2 grazas ao uso da bicicleta

O programa de préstamo de vehículos ecolóxicos tivo 360 usuarios dende a súa posta en marcha hai dous anos.

Redacción - 19:29 17/02/2009

A Universidade de Santiago de Compostela (USC)calcula que dende a posta en marcha do seu servizo de préstamo de bicicletas, no curso 2006/2007, evitou a emisión de 27 toneladas de CO2 á atmosfera. O transporte supón o 18% das emisións de CO2 derivadas da actividade da USC, e desa cantidade, o 92% é responsabilidade do estudantado, e iso que só o 39% se despraza en coche.

O estudo de impacto ambiental realizado polo Plan de Desenvolvemento Sustentábel da USC amosa que nas últimas dúas edicións houbo 360 ciclousuarios. Para 2009 espérase que unhas 300 persoas fagan uso das bicicletas, co que se aforrarían 30 toneladas de dióxido de carbono.

Ademais, as persoas que empregan este vehículo aseguran que mellorou a súa saúde, a súa calidade de vida e os seus desprazamentos foron máis rápidos. Como puntos negativos, lamentaron a falta de infraestruturas axeitadas, tanto carrís bici como aparcadoiros.

O programa de préstamo de bicis púxose en marcha dende a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sustentábel da USC, coa colaboración de Verdegaia e da Consellaría de Medio Ambiente.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: