Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Auditoría de Caixa Galicia e Caixanova

Dúbidas do PSdeG

"Precaucións" dos socialistas, que piden esperar a ver o contido completo do informe.

Redacción - 18:25 20/01/2010

O voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, considerou "importante" o informe de KPMG da 'due diligence' realizada sobre as dúas caixas galegas, polo que pediu coñecer o documento completo. En todo caso, a pesar de que esta auditoría conclúe que a fusión de Caixa Galicia e Caixanova sería "solvente", o socialista advertiu de que a "decisión" tomarase nos órganos de dirección das entidades.

En declaracións aos medios no Pazo do Hórreo, reclamou en reiteradas ocasións o informe da auditoría, posto que o presentado pola conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, constitúe, ao seu xuízo, unha versión "propagandística" do texto feito público por "unha parte" implicada. Neste punto, o voceiro dos socialistas na Cámara recordou que foi a Xunta a que encargou esta 'due diligence', o resultado da cal coincide coa postura feita pública polo presidente, Alberto Núñez Feijoo, a favor da fusión das dúas entidades de aforro galegas. "Se dese resultados diferentes ao informe previo da Xunta, tería máis credibilidade", admitiu, e subliñou que "a coincidencia, de entrada, non lle resta valor, pero tampouco llo engade". De tódolos xeitos, asumiu o "peso" do informe e a "importante achega" que supón no plano político, a pesar de que, segundo recordou, a decisión final descansa nos órganos de dirección das caixas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: