Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Acordo con Publidisa

Galaxia pásase ao ebook

A editorial publicará todo o seu catálogo en formato de libro dixital e lanzará unha libraría electrónica propia.

Redacción - 19:30 09/11/2009

A editorial Galaxia publicará como libro dixital todo o seu catálogo. É o resultado dun acordo anunciado pola compañía Publidisa, dedicada á produción e comercialización de ebooks en Internet. Froito do mesmo acordo, Galaxia será a primeira editorial galega en contar cunha libraría electrónica propia, co que aspira a converterse en “portal de referencia para o libro galego na rede”.

Os editores galegos están a tomar posicións para a explosión comercial do libro dixital, que se agarda que se produza moi pronto. Os fondos de Galaxia xa estaban parcialmente dispoñíbeis no catálogo de Google Books, e o novo acordo prodúcese pouco despois de que Xerais anunciase que lanzará as súas novidades simultaneamente en formato papel e dixital, comezando coas novelas de Suso de Toro e Diego Ameixeiras.

As editoriais analizarán esta semana o presente e futuro do libro electrónico no sexto simposio anual da Asociación Galega de Editores, que se celebra o xoves e venres no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: