O presidente dos conservadores considera que hai un evidente “cambio de ciclo”.
O líder dos conservadores galegos, Alberto Núñez Feijoo, cre que os resultados deste domingo non fan máis que confirmar que vai por bo camiño. Feijoo felicitouse pola “segunda maioría absoluta” do seu partido “en 90 días”. Considera que hai un “cambio de ciclo” que comezou en Galiza o 1 de marzo e que se vai espallar por todo o Estado Español.
Feijoo sinalou que a vitoria do PP tamén a nivel estatal “confirma” o liderado “incuestionábel” de Mariano Rajoy. O líder galego amosouse “especialmente contento” polo feito de que a participación en Galiza fose superior á do Estado Español: “Isto significa que os galego sabemos que Europa é importante e cada vez máis”
En clave galega, Feijoo cre que os galego “referendaron a política de austeridade e traballo” do seu executivo fronte á “provisionalidade” e “división” de socialistas e nacionalistas.