O partido de Sarkozy foi vencedor en Francia, onde destaca o bo resultado da opción Europe Ecologie.
Un 28,3% dos apoios do electorado francés foron colleitados pola UMP do presidente Nicolas Sarkozy. A moita distancia, o Partido Socialista Francés caeu até o 17,5%, nunhas eleccións marcadas pola elevada abstención, tres puntos maior que hai catro anos.
Salienta a novidade da aparición como terceira forza en votos da formación Europe Ecologie, cun 14,7% dos sufraxios nestes comicios europeos. A lista impulsada polo carismático líder Daniel Cohn-Bendit colocouse moi perto dos resultados dos socialistas, superando ademais amplamente á que aspiraba a ser terceira forza en liza, o Modem do centrista Bayrou, que tivo que conformarse co 8,7% de votos.