Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aviso do gurú económico

Greenspan: "A crise nos EUA é a mais grave desde a II Guerra Mundial"

Algúns acusan o ex gobernador da Reserva Federal de provocar a burbulla inmobiliaria no seu país pola política monetaria que aplicou entre 2001 e 2004.

Redacción - 11:30 18/03/2008
Greenspan presidiu a Fed dende 1987 deica 2006

Greenspan presidiu a Fed dende 1987 deica 2006

A crise financeira actual podería ser considerada como a máis grave desde a Segunda Guerra Mundial. Isto é o que pensa o ex gobernador do banco central estadounidense -a Reserva Federal (Fed)-, Alan Greenspan, segundo expón nun artigo publicado este luns no diario económico Financial Times.

"Esta chegará á súa fin cando o prezo dos bens inmobiliarios se estabilice e, consecuentemente, tamén o fagan os prezos dos produtos financeiros ligados aos préstamos hipotecarios", estima o que foi presidente da Fed dende 1987 deica 2006.

No artigo, titulado We will never have a perfect model of risk (Nunca contaremos cun modelo de xestión de riscos perfecto), afirma que esta crise vai provocar "numerosas vítimas", entre as que salienta "o sistema de avaliación de riscos".

Greenspan, o que algúns acusan de estar na orixe da burbulla inmobiliaria en Estados Unidos debido a política de taxas de interese moi baixas seguida pola Fed entre 2001 e 2004, di que "chegará sempre un momento onde a análise de riscos fracasará e provocará unha resposta inesperada e brutal".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: