 
En poucos días forzaron as portas de varias igrexas e os ladróns furtaron tallas dos séculos XVII e XVIII.
Os roubos máis recentes producíronse o pasado fin de semana e este mesmo mércores. Así, o domingo e logo de entrar na Igrexa Parroquial de Barrán, en Piñor de Cea, os ladróns marcharon cunha talla do S.XVIII que representa a San Lázaro. Este mércores, o roubo producíase na Igrexa do Castelo de Monterrei, onde segundo o Bispado desapareceron "dúas importantes tallas", unha da Nosa Señora co Neno, do S.XVII, e outra de Santo Antonio de Padua, do S.XVIII.   
  
  O Bispado instou  a cregos e comunidades de fieis, "particularmente ás que teñen os templos máis desprotexidos polo despoboamento ou a súa situación apartada", a extremaren as medidas preventivas, "colocando alarmas e portas máis seguras" e retirando a lugares máis seguros os obxectos máis valiosos. En declaracións á Televisión Galega, representantes do bispado de Ourense reprocháronlle aos corpos policiais falta de esforzo á hora de perseguiren este tipo de delitos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto