A Fiscalía acusa a Julio Fernández de apropiación indebida por descapitalizar a compañía Ivex Films. O xuízo celebrarase a semana que vén.
Despois de case nove anos de investigación, levada a cabo polo xulgado de instrución número 7 de Sant Feliu de Llobregat, Julio Fernández terá que ir a xuízo a semana que vén, acusado de ter desviado 50 millóns de euros da empresa Ivex Films, segundo publica El Mundo na súa edición de Barcelona. O proceso celebrarase a vindeira semana na Audiencia de Barcelona, onde os avogados de Fernández pedirán a súa absolución, mentres que a Fiscalía de Cataluña e os acreedores, representados legalmente por Javier Nart, solicitarán entre seis e oito anos de cárcere.