Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO CLUBE NÁUTICO DE VIGO

O Concurso de Piano Galego-Portugués foi para o sur do Miño

Pedro Pereira, de Guimarães, levou o premio, o mesmo que o pasado ano.

Redacción - 12:14 19/12/2007

Pedro Pereira, de 17 anos de idade e procedente de Guimarães, repetiu a vitoria obtida o pasado ano. O novo talento comezou a tocar o piano aos cinco anos. En categoría xuvenil o gañador foi Miguel Gómez González-Vallés, do conservatorio da Coruña. Na categoria infantil, o primeiro premio foi para un portugués, Miguel Moreira, do Conservatorio de Música do Porto.

O concurso organizado polo Clube Náutico de Vigo, que chegou á súa décima edición, tivo lugar os días 15 e 16, cunha participación de 30 concursantes galegos e portugueses. En Portugal, o Instituto Camoes encárgase da difusión do concurso nos conservatorios do país.


Ligazóns

2/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: