Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Conversas con Mini e Mero

A asociación xuvenil Unión Galeguista organizará un acto cultural o xoves 23 ás 20:00 no café Airas Nunes de Santiago onde se falará con Mini e Mero: mestres, compositores, músicos e mantedores da cultura galega popular.

- 12:12 22/05/2002
Tags:

Os dous protagonistas falarán da súa experiencia vital, como membros fundadores do grupo Fuxan os Ventos, do que formaron parte durante 10 anos, logo A Quenlla, no que traballan desde 1984.

Actualmente teñen editados máis dunha ducia de discos, e recompilan información relativa á cultura galega que logo publican en libros coma: Contos de Vellos para Neno; Somos Lenda Viva; Nadal en Galego e unha obra inmensa chamada Cantos, Coplas e Romances en Galego.

Esta conversa inscríbese no ciclo de charlas que baixo o nome de 'Café con...' realiza a Unión Galeguista. Con estes cafés preténdese dar un paso máis e evitar a frialdade dunha aula magna e así falar amigablemente cos protagonistas da nosa historia presente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: