Enviado por tusitala o día 21.03.2009
-	Ai, señora Consuelo, véxoa moi ben!
-	Ai, filliña, se ti o dis! Desque me falta o meu Manuel, que Deus o teña na gloria, hai que mirar moito por unha...
-	Quere que a axude coa bolsa?
-	Deixa, deixa... só levo un quilo de plátanos da da Gelina...
-	E non lle están moi verdes?
-	Ai non! Danme máis xeito así, duriños, un cada noite, cando vou prá cama...
-	Pola noite? E non lle sentan mal pra durmir?
-	Quita, quita... despois é cando prendo mellor no sono... quédoche moi relaxada...iso si, hainos que untar ben... pra que presten, non sabes?
-	Untalos?
-	E logo non! Aos meus anos, neniña.... as cousas fanse ben ou non se fan.
-	Se vostede o di, señora Consuelo, se vostede o di...