Volver a Vieiros

Polvos feridos

Enviado por guardamar o día 07.03.2008

Durmía e sentínche masaxeandome a regaña cos dedos mornos dunha man namentras coa outra debuxábasme ás nos muslos. Encollínme e baixaches cos beizos quentes e lambisqueiros pola miña popa desatando coa saliva xemidos sísmicos que me inzaron gorentosa.
Devecía na regalía dun pracer felino e feraz e ti seguías mordendo, lento e sen presas, ate que volteei o lombo e comandei a nave. E supliqueiche que chucharas forte nos peitos porque os teus dentes levábanme ó éxtase nesa cabalgada de berros estendidos no catre sonámbulo dun amante fortuito.


2,8/5 (20 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.