Enviado por susanamoo o día 25.02.2008
Abre as miñas pernas e contempla, emociónate.
Ule, sopra e bica.
Masaxea o que esconden os beizos pechados. Amodo, amodiño.
Os pétalos separaranse soíños: entón lambe. Saca a lingua e pásaa por toda a cuncha (evita o capuchón erguido, abórdao dende os arredores).
Cando a froita estea ben madura, introduce dous dedos. Debes atopar esa zona rugosa que destaca na gruta contra o ventre. Aí as caricias soben en potencia, pero a túa lingua continúa o seu traballo delicado.
Sigue, sigue... e beberás o mel que a miña copa verte pola túa gorxa.